Artista interdisciplinar e comunicadora social, sarda de nacemento e compostelá de adopción


CORALIA, Revista Compostela de tendencias Nº 6 | A Galería |

  

“Pel. Lenzo da memoria. 
Mapa do tesouro, ouro. Resiliencia. Metáfora.
Máculas, manchas, lunares, engurras, estrías e cicatrízes,
símbolos de forza e sabedoría, 
motivo de satisfacción 
e fonte de beleza”

Memoria. Potencia da alma. Gloria ou deshonra, homenaxe ou castigo. Fogar da inmortalidade, gardiá da historia, nai da sabedoría. Lembranza. Recordo. O contrario do esquecemento. Persoal e colectiva, verdadeira e falsa, real e construída. Presente, pasada, remota. Memoria rota. Chea e baleira. Fráxil e caprichosa. Tramposa. Corporal e corpórea. Material, física, mental, virtual, electrónica. Memoria portátil para rexistrar, amorear, almacenar, catalogar, conservar, evocar, recuperar experiencias, ideas, imaxes, acontecementos e sentimentos. Creamos, vendemos e compramos memoria para reter. Para no esquecer, perder, desaparecer. Para mellorar, avanzar, aprender. Memoria para ser.

Monica Mura

GuardarGuardar

GuardarGuardar

GuardarGuardar